A principios de marzo do 2010 a Unión Europea aprobou o cultivo dunha pataca modificada xeneticamente, a primeira variedade desde que en 1998 se aprobara o millo transxénico Monsanto’s MON 810.
Esta variedade de pataca é Amflora, desenvolta por BASF para aplicacións industriais como lubricantes ou comida para animais. Cando se fixo público, houbo quen suxeriu que Amflora ía ser usada para producir bioplásticos. Sempre me pareceu algo arriscado o uso de transxénicos en produtos cuxo reclamo se basea en melloras medioambientais. Hai que dicir que a resistencia contra os transgénicos é maioritariamente europea e que a opinión pública sobre este tema noutras rexións non está en contra. Aínda así considero que unha das vantaxes estratéxicas dos produtores de bioplástico europeo é precisamente que non os utilizan como recurso.
Amilopectina
Amilosa
O almidón natural é unha combinación de amilosa e amilopectina, ambos polímeros da glucosa. A maior diferenza é que...
Leer más



